COLEGA-1 COMPRENSIÓN LECTORA E LECTOESCRITURA EN GALEGO

colega1A colección COLEGA, COmprensión e LEctoescritura en GAlego, está composta por 5 volumes no que o/a neno/a aprenderá a ler e escribir correctamente adecuando a aprendizaxe ao seu ritmo. Estes novos cadernos contan cun vocabulario adaptado a última normativa do galego, cubrindo un baleiro existente reclamado polos profesionais da educación.

Neste primeiro volume trabállanse as letras m, p, s, l, t, d, f e n. Nel, ademáis das actividades habituais neste tipo de cadernos, inclúense exercicios de grecas, conceptos básicos, discriminación auditiva e visual, comprensión, series e xogos. Este método permitiralle ao rapaz adquirir as habilidades precisas para o seu desenrolo na lectoescritura dun xeito máis ameno.

Cada libro conta cun completo anexo que inclúe:

* Ditados para realizar con cada letra debidamente secuenciados e progresivos.

* Un extenso glosario no que se recollen os debuxos e vocabularios empregados en cada tema, que se pode consultar sempre que sexa preciso.

* Material manipulable preciso para completar as actividades.   PvP: 11,95 €


Ver entradas en la misma categoría: General, Orientación Educativa, Pedagogía